lunes, 20 de febrero de 2017

AS BRUXAS DE ROALD DAHL


Nesta xuntanza empezou Salma facendo o resumo, unha historia de Bruxas contada por unha avoa. Para Sara é a historia dun neno e a súa experiencia coas bruxas. A Aida sorprendeulle que non aparecera o nome do neno en ningún momento. Álex di que poderíamos chegar a pensar que se trata dunha experiencia persoal do autor e que o protagonista podería ser Roald Dahl.
Héctor enumerou as características que distinguen a unha bruxa dunha muller normal, axudado por Sara.
A avoa era bruxófila, é dicir, estudosa das meigas por iso sabía tantas cousas sobre elas.
Unha cousa que lles sorprendeu foi que a avoa fumara puros negros. Non era unha avoa como as demáis!
Ofreceulle un puro ao seu neto e non lle importaba que non se bañara.
Héctor, Sara  e Aida comentaron o regalo que lle fixo a avoa antes da viaxe, dous ratos brancos cos que o rapaz quería facer un circo.
Entre a avoa e o neto conseguiron acabar con todas as bruxas convertíndoas en ratos.
Falamos tamén das ilustracións. Para Héctor gracias a estas podía comprenderse mellor o libro.
Reflexionamos sobre unha frase da páxina 277 :
"Da igual quen sexas ou que aspecto teñas mentres alguén te queira"
 Recomendámosvos a lectura deste libro.

martes, 31 de enero de 2017

LA LECCIÓN DE AUGUST


Sara empezou a xuntanza comentando que é un libro difícil de resumir. Por unha banda é moi longo e por outra porque conta unha historia dende as diferentes perspectivas dos personaxes.

Salma comenta o problema de August. Ten unha deformación facial severa causada por un problema xenético, por iso a xente cando o ve fai comentarios ou mírano de xeito raro. Isto provoca en August moito malestar, xa que a él lle gustaría que a xente o tratase como se fose "un neno normal". Por causa desta deformación sofre acoso na súa escola.

Sara e Héctor comentan o xogo que Julián puxo de moda no colexio, "O xogo da peste" que consistía en que se alguén tocaba a August, aínda que fose sen querer, tiña que ir correndo a lavarse se non quería contaxiarse da peste.

A profe Ángeles pregunta por Jack e Carla di que, aínda que parecía amigo de August, fixo comentarios despectivos sobre él no Halloween, sen saber que o mesmo August estaba escoitando. Sen embargo, cando coñecemos a opinión de Jack sobre August, decatámonos de que non o fixera con intención e que non era tan malo como pensabamos.

August é un neno que , a medida que se vai coñecendo, cae moi ben porque é moi boa persoa, moi bo estudante e simpático, fai bromas sobre a súa apariencia física.

En canto aos valores que atopamos no libro, a amizade encarnada en Jack, Summer e Christopher, a valentía de August para enfrentar o problema e a de Summer que non se deixou influir.

En canto aos preceptos do Señor Brown,a Sara gustoulle o de August:

"Todo o mundo debería recibir unha ovación do público posto en pé, polo menos unha vez na súa vida, porque todos vencemos ao mundo"

A Cloe :

"Non intentes ser guai. Sempre se nota, e iso non é guai"

Para Aida o de Charlotte é o mellor:

"Non abonda con ser amigable. Tes que ser un amigo"

Para rematar falamos das referencias que ao longo do libro aparecen sobre cine e libros: Guerra y Paz, El diario de Greg, Sonrisas y lágrimas, La guera de las galaxias, E.T entre outros.

O seguinte libro, e derradeiro para nós é "Las brujas" de Roald Dahl. Xa vos contaremos que tal!!!

domingo, 29 de enero de 2017

XOELIKI. AS AVENTURAS DUN CIBERPIRATA


Empezamos a xuntanza lendo Aida un anaco da páxina 41 na que se fala dos libros e da lectura:

"A tecnoloxía é marabillosa , máis os libros de papel tamén, podes cheiralos, tocalos, apertalos(...)Ler é máxico: axuda a medrar, a viaxar..."

Álex fixo un pequeno resumo do libro e a continuación a profe Ángeles preguntou a que nos axudan os libros. Zaida comentou que para ela é coma se estiveses vendo unha película. Comentamos que ás veces fanse películas  pero que en moitas ocasións resultan mellores os libros.

Definimos aos personaxes cun adxectivo:
        *Ari para Carla é tímida,  para Zaida é unha pesada e para Evelin valente e intelixente.
        *De Xoel, Carla di que era introvertido e Janet que é tímido.

Sobre a Escola Pirata, Lucía comenta que loitaban por unha internet libre, sen límites e gratuíta. Carla comenta que debería haber límites para os nenos xa que hai páxinas ás que eles non deberían ter acceso. Álex opina o contrario. A maioría non temos acceso libre, estamos controlados polos nosos pais.

En canto as ilustracións do libro, Aida fala da cor, todas son brancas e moradas e Adrián pensa que non son nada orixinais ao empregar só dúas cores.

Case sen darnos conta tocou o timbre. Saímos da biblioteca co seguinte libro no peto: "La lección de August". Un libro qué promete!!!!




martes, 8 de noviembre de 2016

PRIMEIRA XUNTANZA CO RAIO VELOZ


O pasado luns, 7 de novembro, tivemos a primeira xuntanza do Club de Lectura. No primeiro grupo somos 13 lectores, menos mal que non somos supersticiosos, que senón...

Para romper o xeo, a profe preguntounos que nos suxería a ilustración da portada e falamos sobre ela.

Resultou unha reunión moi agradable, na que participamos todos comentando as peripecias de Adrián, o protagonista. Qué rapaz máis atrevido!!!Eu non sei se sería quen de facer o mesmo!!!

Gustounos moito o intercambio que fixo coa cesta do Nadal e o cambio de notas na primeira entrega.
Pero o mellor foi a historia de amor do final con sorpresa e xerogífico incluído. Todos chegamos á mesma conclusión : o único que non se decatou de que era Rosa a namorada misteriosa era Adrián.

Definimos cunha soa palabra o libro, algúns comentaron que era bonito, a maioría interesante e Sara dixo que intrigante.

 É un libro de amor e non de namorados.Todo o que fixo Adrián foi por amor: amor aos demáis, aos animais e, por suposto, a Rosa. 

Fomos  comentando o libro, tan amodiño que tocou o timbre e aínda nos quedaban cousas no tinteiro.

lunes, 10 de octubre de 2016

XA ESTAMOS PREPARADOS!!!



Hoxe entregamos o primeiro título. Temos de data ata o 7 de novembro. Disfrutade coa súa lectura.

Que nervios!!! Qué gañas de empezar a lelo!!! 

martes, 4 de octubre de 2016

XA ESTAMOS EN MARCHA



Este vindeiro luns, día 9, teremos a  xuntanza de presentación do club de lectura. 
Repartiremos o primeiro título "O RAIO VELOZ". A seguinte xuntanza para falar do libro será o 31. Un libro cheo de humor e de misterio.

Non volo perdades!!!

lunes, 20 de junio de 2016

DESPEDIDA DO CLUB DE LECTURA CON CINE E PALOMITAS

Chegou o mes de xuño e con él a despedida dos membros do noso Club de Lectura. Qué mellor maneira que cunha boa película, palomitas e boa compañía.
Desexámosvos moita sorte para a nova etapa no instituto. 

ATA SEMPRE!!!